Lista de episodios de Neon Genesis Evangelion

Neon Genesis Evangelion é unha serie anime producida por Gainax e Tatsunoko Production e dirixida por Hideaki Anno. Empezou retransmitirse no Xapón na canle TV Tokyo o 4 de outubro de 1995 e rematou o 27 de marzo de 1996. Evangelion é un anime apocalíptico[1] do xénero mecha. Céntrase nun mozo recrutado pola organización paramilitar NERV para controlar o xigante biomecánico chamado Evangelion e loitar contra os seres monstruosos coñecidos como Anxos. A acción transcorre na cidade futurista de Toquio-3 anos despois dun cataclismo mundial. Céntrase nas vidas dos pilotos dos Evangelion e dos membros de NERV no seu intento de previr outra catástrofe.

A serie estreouse en galego no ano 2005 a través da TVG, dentro do espazo infantil e xuvenil Xabarín Club.[2] A distribución en formato de vídeo caseiro en galego realizouse na edición Neon Genesis Evangelion Platinum, que contaba coa serie completa de 26 episodios en 6 DVDs, e tiña 750 minutos de duración.[3]

  1. Slater-Williams, Josh (18 de setembro de 2013). "Scotland Loves Anime 2013: The Fourth Impact". The Skinny. Consultado o 4 de febreiro de 2019. 
  2. D., F. (23 de marzo de 2018). "El dilema del erizo que conmocionó al mundo". La Región (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2019. 
  3. Cultura Galega (ed.). "Neon Genesis Evangelion Platinum en galego". Consultado o 20 de setembro de 2019. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy